Iniciamos a ruta na ladeira suroeste da Peneda, na aldea de Saramagoso. Subimos á capela e admiramos unhas moi boas vistas da Ría de Vigo e do Val de Soutomaior, entre neboeiros e orballos.
Descendemos, para axiña subir ao Marco do Viso e o Laxial. Baixamos pola ladeira norte, atravesamos o lugar de Moreira e, bordeando o potente valado do Castelo de Soutomaior, chegamos á igrexa parroquial, rica e de amplas dimensións, en estilo barroco. Alí repuxemos forzas co habitual nestes casos: alguna peza de froita e un iogur.
Seguimos baixando, atravesando o rico val de Soutomaior, por Rial e Romariz, para logo busca o encontro co Verduxo e atravesalo pola ponte medieval, perto de Comboa.
A partir deste punto, seguimos pola marxe dereita do río, aínda que separados da súa beira, entre viñas, campos ou monte. Así, ata chegar a Pontesampaio, antigo concello, integrado actualmente no de Pontevedra.
Cruzamos de novo o Verduxo pola famosa ponte medieval de Pontesampaio e, chegando a Arcade, restaurar competentemente as nosas forzas no Restaurante Avenida.
Despois de xantar, continuamos a ruta, en dirección sur, subindo ao Alto da Cabaleira, virando logo ao nordeste, para chegar á Casa das Chivas e coa mesma, chegar de Novo a Saramagoso e rematar esta animada e bonita ruta.
Datos de la ruta | Distancia | Duración | Dificultad | Tiempo |
23,000 Km. | ¿? | Media | Nieblas |
Para ver el mapa y más detalles de la ruta hacer clic con el ratón aquí.
Texto de Miguel. Fotos y vídeos de Elvira y Moisés.