Po lo Rego Fondón entre A Madroa e Trasmañó

Ruta circular, con inicio e remate nas proximidades do convento benedictino feminino de Trasmañó (Redondela).

Iniciamos a ruta en direccción Este, bordeando o Monte Vixiador, con boas vistas sobre a Ría de Vigo, Redondela e a falla meridiana; aínda que o tempo neboento non permitíu ollar estas paisaxes na primeira parte da ruta.

Xa entrando no concello de Vigo, na parroquia de Candeán, repuxemos forzas no Restaurante Marcos, moi perto das pistas deportivas.

Este luns celebramos o 75 aniversario de Dietmar. Moitos luns celebramos estes aniversarios, pero sinalamos este en especial pola súa relevancia, porque son tres cuartos de século do noso compañeiro.

A parte final de ruta discurríu á beira do Rego Fondón. Contorna agradable, donde os ameneiros e os salgueiros forman un bosque galería no que o sol da tardiña creaba impresionantes efectos lumínicos.

Datos de la ruta Distancia Duración Dificultad Tiempo
21,700 Km. 6 h. 10 min. Baja Nublado

Para ver el mapa y más detalles de la ruta hacer clic con el ratón aquí.
Texto, fotos y vídeo de Miguel García.

Entre neboeiros e orballos

Iniciamos a ruta na ladeira suroeste da Peneda, na aldea de Saramagoso. Subimos á capela e admiramos unhas moi boas vistas da Ría de Vigo e do Val de Soutomaior, entre neboeiros e orballos.

Descendemos, para axiña subir ao Marco do Viso e o Laxial. Baixamos pola ladeira norte, atravesamos o lugar de Moreira e, bordeando o potente valado do Castelo de Soutomaior, chegamos á igrexa parroquial, rica e de amplas dimensións, en estilo barroco. Alí repuxemos forzas co habitual nestes casos: alguna peza de froita e un iogur.

Seguimos baixando, atravesando o rico val de Soutomaior, por Rial e Romariz, para logo busca o encontro co Verduxo e atravesalo pola ponte medieval, perto de Comboa.

A partir deste punto, seguimos pola marxe dereita do río, aínda que separados da súa beira, entre viñas, campos ou monte. Así, ata chegar a Pontesampaio, antigo concello, integrado actualmente no de Pontevedra.

Cruzamos de novo o Verduxo pola famosa ponte medieval de Pontesampaio e, chegando a Arcade, restaurar competentemente as nosas forzas no Restaurante Avenida.

Despois de xantar, continuamos a ruta, en dirección sur, subindo ao Alto da Cabaleira, virando logo ao nordeste, para chegar á Casa das Chivas e coa mesma, chegar de Novo a Saramagoso e rematar esta animada e bonita ruta.

Datos de la ruta Distancia Duración Dificultad Tiempo
23,000 Km. ¿? Media Nieblas 

Para ver el mapa y más detalles de la ruta hacer clic con el ratón aquí.

Texto de Miguel. Fotos y vídeos de Elvira y Moisés.

Castro de Baroña-Porto do Son

Nesta páxina (http://portodoson.gal/rutas/) atopamos tódalas rutas oficiais existentes en Porto do Son. Picando co rato en cada unha, temos información detallada das mesmas incluído vídeo.

Nós facemos esta principalmente para acercarnos a visitar o Castro Baroña e Porto do Son.
Para elo, iniciámola no aparcadoiro existente diante da igrexa de San Pedro de Baroña.

En dous quilómetros xa nos atopamos co Castro, unha das maiores riquezas de Porto do Son, un poboado da idade de ferro que dataría do cambio de era entre os séculos primeiro antes de Cristo e primeiro despois de Cristo.

Seguimos a liña de costa pasando polas praias de Arealonga e Dique para logo cruzar o monte pasando polas aldeas de Goltar, Soares, Lavandeira e Udres. Esta sería o lugar mais alto desta ruta, sobre 350 m.

Chegados, todo polo monte, a Montemuíño iniciamos unha baixada que nos levará directamente a Porto do Son. Repoñemos forzas xantando no restaurante Porto Nadelas.

Pola tarde, os sete quilómetros que nos faltan , facémolo primeiro polo tramo existente do paseo marítimo que nos leva ata o final do mesmo. Despois cruzamos a estrada AC-550, para penetrar outra vez en pleno monte, e por pistas forestais logramos chegar ao inicio de esta ruta.

Bonitas vistas panorámicas. Un pouco de asfalto e moito sendeiro.

En todo o camiño atopamos marcas das rutas existentes pola zona, que como sinalei ao principio, figuran na páxina web. Nós esta facémola con GPS.

Non ten moita dificultade, os camiños están perfectamente adecuados para senderear sen problemas.


Datos de la ruta Distancia Duración Dificultad Tiempo
24,210 Km. 6 h. 17 min. Media Soleado 

Para ver el mapa y más detalles de la ruta hacer clic con el ratón aquí.
Texto de José Luís Porto. Fotos y vídeo de Manuel Gil.

Sendereando po lo Ribeiro Alto

Cando se acerca a vendima, procuramos facer esta ruta. A primeira foi no 2012 e a seguinte no 2014. Así que este ano volvemos a facela con moi poucas variacións, a mais importante é que a fixemos en sentido contrario das outras.

Iniciámola no mesmo Leiro, no aparcadoiro do campo de fútbol para continuar pola ponte colgante que atravesa o Río Avia. Pasamos pola Groba, Lebosende e Paredes onde atopamos coa eira formada por 21 hórreos, uns de madeira e pedra e outros de madeira soamente.

O seguinte que nos atopamos é o miradoiro no alto do Outeiral, desde onde podemos observar as vistas panorámicas de toda a zona do ribeiro. De seguido xa nos penetramos na subida que levaranos directamente ao pé do peñasco alongado e vertical de Pena Corneira.

Agora toca baixar ata chegar a Berán onde repoñemos forzas no restaurante Casa Lucita, excelentemente atendidos.

Pola tarde, despois de pararnos a visitar as ruínas de un pazo en Vieite, seguimos camiñando polo medio de zonas con grandes extensións de viñedos, de uvas brancas e tintas que en estos próximos días xa desaparecerán para converterse en viño. Cruzamos a ponte San Clodio que nos levará polo paseo existente pola beira do río Avia ata o inicio de esta bonita ruta.

Esquecíame dicir que nada mais empezar a camiñar non nos deixaron de molestar todo o camiño unha gran cantidade de moscas pequenas e pesadas que tiñamos que ir apartándoas con ramas para que non se nos meteran nos ollos, nariz e boca, aínda que algunhas si entraron.

Como é normal ten o asfalto necesario para cruzar tódolos pobos que pasamos. O restante son camiños, carreiros e pistas.

Datos de la ruta Distancia Duración Dificultad Tiempo
25,400 Km. 7 h. 6 min. Media Sol y niebla

Para ver el mapa y más detalles de la ruta hacer clic con el ratón aquí.

Texto de José Luís Porto. Fotos y vídeo de Miguel García.