Serra do Cando – Río Seixo

Este luns repetimos unha das rutas feitas polo grupo dos Luns ao Sol fai agora dous anos, pola mesma zona.

Continuamos cara ao sur en dirección ao Parque Eólico do Monte Seixo, que alcanzamos despois dunha boa subida por pistas forestais durante seis quilómetros e medio. Non chove, pero hai bastante néboa, polo que a temperatura é baixa.
Iniciámola na aldea de Cavadosa onde xa podemos observar unhas fervenzas.

Percorremos o citado Parque Eólico para a continuación empezar a baixar o que antes tivemos que subir. Esta vez facémolo todo por unha pista asfaltada, supoñemos que foi feita para servizo do Parque Eólico. Quizais exista algunha alternativa para poder evitar o asfalto. Nós non á atopamos.

No lugar de Carballás onde se atopa a Capela da Conceución do século XVIII, imos continuar camiñando polo roteiro do Frei Martín Sarmiento que nos leva directamente a Cerdedo. Neste lugar xantamos, como sempre que facemos algunha ruta próxima , no Restaurante O Meu Lar.

Pola tarde, agora con unha lixeira choiva, imos facer o resto que nos queda por un dos sendeiros máis bonitos, cheos de carballeiras e de árbores autóctonos. Primeiro polo que nos falta por percorrer do Frei Martín Sarmiento ata o lugar de Cabenca, pasando por Lourido e Revolta. A continuación desviámonos pola marabillosa ruta do río Seixo, cheo de árbores autóctonos e muíños, eso sí, en ruínas. Sempre pola beira do citado río, que case os dez quilómetros que temos que facer ata o final, fágansenos curtos a pesar de levar nas nosas cansas pernas moitos xa.

Nesta bonita ruta atopamos aldeas: Cimadevila, Carballás, Barro, ata chegar ao centro de Cerdedo. Despois, Lorido, Revolta, Cabenca e Cavadosa, principio e fin.

O peor que nos atopamos é a pista polo monte onde se atopa o Parque Eólico. Son bastantes quilómetros de baixada sen tráfico algún, por suposto.

Tempo en movemento: 6 horas 50 minutos, con unha media, segundo o GPS de 3,9 quilómetros hora.

Texto de José Luís Porto


Datos de la ruta Distancia Duración Dificultad Tiempo
26,450 Km. 6 h. 50 min. Media Nublado 

Para ver el mapa y más detalles de la ruta hacer clic con el ratón aquí.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s